Mostrando entradas con la etiqueta pirófitas. Mostrar todas las entradas

Durante os últimos anos, decenas de miles de cidadáns europeos, colectivos, plataformas, asociacións e veciños afectados por todo o territorio, contribuíron á elaboración do "Informe Auken", presentado e aprovado en marzo de 2009 na Comunidade Europea pola deputada danesa Margret Auken.
Relátanos de forma pormenorizada o "Gran Impacto" producido pola excesiva e salvaxe urbanización en todo o territorio español, as graves e irreversibles consecuencias directas sobre o medio-ambiente, a diminución dos dereitos individuais ante as administracións e ante estas "quenllas" ou "agrófagos do solo" e a nula aplicación do dereito comunitario.
Estes proxectos insostibles tachados sempre co xenérico de "interese xeral" desembocaron neste país a vivir nunha situación de corrupción endémica e epidémica, favorecida por unha ineficacia xudicial á vez que ambigüamente perversa e desexada na aplicación da lexislación.
O ESPAZO NATURAL DE COUREL inmerso neste vórtice destrutivo non elude de ningún xeito este informe e cumpre escrupulosamente con todos os puntos alí relatados.
Durante anos fomos testemuñas, e así o denunciamos reiteradamente desde a Asociación SOS Courel, da progresiva degradación deste Santuario Botánico enmarcado en Rede Natura 2000, o cal reúne cerca do 50% da biodiversidade de toda Galiza.
As políticas realizadas desde a administración nos sucesivos gobernos foron sen dúbida encamiñados á diminución de poboación asentada, o menoscabo, o engano, á destrución de calquera tipo de tecido social, á destrución paisaxística, ao abandono calculado, á deterioración social...
A falta de rigor e a ausencia dalgún tipo de control contrastado e veraz, fixo prosperar de forma alarmante a picaresca do Lazarillo. A práctica totalidade dos proxectos realizados no Courel, foron financiados pola Unión Europea vía Asociacións clientelares políticas. Para engadir a nota de cor, as Administracións tamizan estes feitos execrables co argumento da modernización e o "interese xeral".
Damos boa mostra desta denuncia nos seguintes 12 puntos cos seus enlaces ás páxinas de detalle: