Denuncia de "SOS Courel" na Unión Europea

O Informe Auken, aprobado polo Parlamento Europeo en marzo de 2009, condena a España por destrución urbanística, masacre ambiental, corrupción xeralizada,..... A destrución do ESPAZO NATURAL DO COUREL é un exemplo claro. Nesta desfeita utilízanse tanto directa como indirectamente FONDOS EUROPEOS.

O Courel repartido en concesións mineiras

publicado por Courel

Este é o mapa do reparto de COUREL. Está totalmente dividido en cuadrículas mineiras, excepto nos límites con Pedrafita do Cebreiro. Según a XUNTA de GALICIA, xa se están tramitando 54 explotacións dentro e fóra de REDE NATURA. O armazón de raias verdes transversais sinalan aquí a REDE NATURA, todo o demais son apertadas leiras mineiras.

Ler máis...>>>

mineiro

Lume e piñeiros con Fondos Europeos

Publicado por Courel

Agosto de 2008. Arde en Ferreirós unha plantación de piñeiros abandonada, para a que se utilizaron fondos europeos. Vese como o lume saltou dúas estradas, infraestruturas sobre as que non se fai ningunha labor de prevención, mentres se gastan cada ano enormes sumas de fondos europeos para a construción de pistas e cortalumes.

Ler máis...>>>

Lume en Ferreirós

Especies pirófitas por todo O Courel

Publicado por Courel

Cambio rotundo na paisaxe do Courel. Gastando os fondos que Europa facilita para mellorar a Rede Natura, no Courel estase a facer Xusto ao revés, aquí estes fondos destínanse para introducir especies alleas e destruír os hábitats propios , arrasando a cuberta vexetal, aumentando a erosión e contaminando as augas. As especies que se introducen son na maioría dos casos coníferas pirófitas aumentando de xeito catastrófico o risco de incendio neste espazo natural. Estas plantacións carecen da correspondente avaliación ambiental.

Ler máis...>>>

plantacións

Infraestructuras inútiles: pistas e cortalumes

Publicado por Courel

Tal e como se ten demostrado na Galiza, cando o lume prende nun bosque pirófito abandonado(eucaliptais e piñeirais), non o paran nin as autoestradas en cambio os bosques autóctonos do Courel levan centos de anos sen arder a pesar de que non se lle dedican fondos para o seu coidado. Sen embargo nestas infraestruturas estanse a gastar grandes cantidades de Fondos Europeos axudando unicamente a destrución da Rede Natura, do chan e aumentando a contaminación das augas.

Ler máis...>>>

Pistas e cortalumes

Parque eólico do Oribio

Publicado por Courel

En plena Rede Natura, instalarase no máis alto deste bosque mixto, afectando a hábitats e especies prioritarias. Os acantilados do Oribio constitúen un dos poucos criadeiros de aves de rapaces da GALZA . Este bosque está dentro do Territorio Histórico do Camiño de Santiago

Ler máis...>>>

Oribio

Estrada a Pedrafita

Publicado por Courel

A estrada á Autovía A6 necesitaba melloras pero así NON. Iniciadas as obras no 2003 e aínda non rematado a metade do seu percorrido. Feita en Rede Natura sen a correspondente avaliación ambiental, sen pasos de fauna, con taludes imposibles, grandes escombreiras, desvíos de ríos e regatos, vales enteiros tapados, ríos entubados, destrución absoluta da paisaxe, sen medidas correctoras. Con Fondos Europeos.

Ler máis...>>>

Estrada a Pedrafita

Estrada a Quiroga

publicado por Courel

Estrada necesitada de melloras pero así NON. Incribles desmontes de terra, tapando vales e ríos, sin pasos de fauna, desvío de correntes de auga. En Rede Natura e con Fondos Europeos.

Ler máis...>>>

mineiro

Destrución dos cúmios máis altos: Faro, Formigueiros e Piapáxaro

publicado por Courel

Pistas, cortalumesdesmesurados, plantacións de pirófitas, non se respecta nin o máis alto dos montes, enturbando xa as primeiras augas. Na Rede Natura con Fondos Europeos . Na foto, pistas sobre a devesa da Rogueira (Formigueiros).

Ler máis...>>>

Formigueiros

Boicot a presenza do oso pardo

publicado por Courel

O Courel aínda non foi declarado "zona de especial protección do oso pardo ". Mentres no resto da Cordilleira Cantábrica está aumentando o nº de exemplares, para o que se están a investir cuantiosos Fondos Europeos, no Courel non se está a facer nada para asentar definitivamente esta especie que nos visita con regularidade. A toponimia, centos de covas e refuxios e milleiros de alvarizas son proba irrefutable da súa abundante presenza ata fai poucas décadas Na Foto Alvarizas de Súdrios, construcións defensivas para evitar qu os osos comeran o mel.

Ler máis...>>>

Albarizas

Presuntos fraudes en obras con Fondos Europeos

publicado por Courel

Restauración incompleta do vertedoiro de lixo de Megoxe, onde as labores limitáronse a tapar o lixo deixándoo no mesmo sitio e sementar un pouco de herba. Observase claramente as escombreiras do entorno se restaurar. En Rede Natura ás beiras do río LOR.

Ler máis...>>>

Lixo

Despoboamento e canteiras abandonadas sen restaurar

publicado por Courel

Tal e como pasa sempre coa minería: NO 2009, esta canteira do Piapáxaro, foi pechada e abandonada, centos de traballadores despedidos. Consecuencias do monocultivo industrial ao non crear ás alternativas obrigatorias á actividade mineira tal e como manda o sentido común.

Ler máis...>>>

mineiro

Cambios en Rede Natura 2000 a carta

publicado por Courel

No ano 1996 o impoñente souto de Santa Eufemia ocupou as páxinas centrais e foi protagonista do libro "El Castaño" obra de profesores da Universidade de Santiago de Compostela. No 1999 mandouse protexer pola normativa da Rede Natura 2000. No 2004 a Xunta de Galicia sacouno da Rede Natura cambiándoo por un anaco de embalse morto no Sil, rodeado de piñeiros e chopos canadenses, totalmente urbanizado e atravesado por unha vía de alta capacidade.

Ler máis...>>>

Cambios
Loading...
Durante os últimos anos, decenas de miles de cidadáns europeos, colectivos, plataformas, asociacións e veciños afectados por todo o territorio, contribuíron á elaboración do "Informe Auken", presentado e aprovado en marzo de 2009 na Comunidade Europea pola deputada danesa Margret Auken.
Relátanos de forma pormenorizada o "Gran Impacto" producido pola excesiva e salvaxe urbanización en todo o territorio español, as graves e irreversibles consecuencias directas sobre o medio-ambiente, a diminución dos dereitos individuais ante as administracións e ante estas "quenllas" ou "agrófagos do solo" e a nula aplicación do dereito comunitario.
Estes proxectos insostibles tachados sempre co xenérico de "interese xeral" desembocaron neste país a vivir nunha situación de corrupción endémica e epidémica, favorecida por unha ineficacia xudicial á vez que ambigüamente perversa e desexada na aplicación da lexislación.

O ESPAZO NATURAL DE COUREL inmerso neste vórtice destrutivo non elude de ningún xeito este informe e cumpre escrupulosamente con todos os puntos alí relatados.
Durante anos fomos testemuñas, e así o denunciamos reiteradamente desde a Asociación SOS Courel, da progresiva degradación deste Santuario Botánico enmarcado en Rede Natura 2000, o cal reúne cerca do 50% da biodiversidade de toda Galiza.
As políticas realizadas desde a administración nos sucesivos gobernos foron sen dúbida encamiñados á diminución de poboación asentada, o menoscabo, o engano, á destrución de calquera tipo de tecido social, á destrución paisaxística, ao abandono calculado, á deterioración social...
A falta de rigor e a ausencia dalgún tipo de control contrastado e veraz, fixo prosperar de forma alarmante a picaresca do Lazarillo. A práctica totalidade dos proxectos realizados no Courel, foron financiados pola Unión Europea vía Asociacións clientelares políticas. Para engadir a nota de cor, as Administracións tamizan estes feitos execrables co argumento da modernización e o "interese xeral".
Damos boa mostra desta denuncia nos seguintes 12 puntos cos seus enlaces ás páxinas de detalle:


O Courel repartido en concesións mineiras

Este é o mapa do reparto de COUREL. Está totalmente dividido en cuadrículas mineiras, excepto nos límites con Pedrafita do Cebreiro. Según a XUNTA de GALICIA, xa se están tramitando 54 explotacións dentro e fóra de REDE NATURA. O armazón de raias verdes transversais sinalan aquí a REDE NATURA, todo o demais son apertadas leiras mineiras.

{ ver detalle do mapa en google-maps }

Ler máis...>>

Lume e piñeiros con Fondos Europeos

Agosto do 2008. Arde en Ferreirós unha plantación de piñeiros abandonada, para a que se utilizaron fondos europeos. Vese como o lume saltou dúas estradas, infraestruturas sobre as que non se fai ningunha labor de prevención, mentres se gastan cada ano enormes sumas de fondos europeos para a construción de pistas e cortalumes.



Ler máis... >>

Especies pirófitas por todo O Courel

Cambio rotundo na paisaxe do Courel. Gastando os fondos que Europa facilita para mellorar a Rede Natura, no Courel estase a facer Xusto ao revés, aquí estes fondos destínanse para introducir especies alleas e destruír os hábitats propios , arrasando a cuberta vexetal, aumentando a erosión e contaminando as augas. As especies que se introducen son na maioría dos casos coníferas pirófitas aumentando de xeito catastrófico o risco de incendio neste espazo natural. Estas plantacións carecen da correspondente avaliación ambiental

Ler máis...>>

Infraestructuras inútiles: pistas e cortalumes

Tal e como se ten demostrado na Galiza, cando o lume prende nun bosque pirófito abandonado(eucaliptais e piñeirais), non o paran nin as autoestradas en cambio os bosques autóctonos do Courel levan centos de anos sen arder a pesar de que non se lle dedican fondos para o seu coidado. Sen embargo nestas infraestruturas estanse a gastar grandes cantidades de Fondos Europeos axudando unicamente a destrución da Rede Natura, do chan e aumentando a contaminación das augas.


Ler máis...>>

Parque eólico do Oribio

En plena Rede Natura, instalarase no máis alto deste bosque mixto, afectando a hábitats e especies prioritarias. Os acantilados do Oribio constitúen un dos poucos criadeiros de aves de rapaces da GALZA . Este bosque está dentro do Territorio Histórico do Camiño de Santiago.




Ler máis...>>

Estrada a Pedrafita

Estrada á Autovía A6 necesitaba melloras pero así NON. Iniciadas as obras no 2003 e aínda non rematado a metade do seu percorrido. Feita en Rede Natura sen a correspondente avaliación ambiental, sen pasos de fauna, con taludes imposibles, grandes escombreiras, desvíos de ríos e regatos, vales enteiros tapados, ríos entubados, destrución absoluta da paisaxe, sen medidas correctoras. Con Fondos Europeos.

Ler máis...>>

Estrada a Quiroga

Estrada necesitada de melloras pero así NON. Incribles desmontes de terra, tapando vales e ríos, sin pasos de fauna, desvío de correntes de auga. En Rede Natura e con Fondos Europeos.




Ler máis...>>

Destrucción dos cumios máis altos: Faro,
Formigueiros e Piapáxaro

Pistas, cortalumesdesmesurados, plantacións de pirófitas, non se respecta nin o máis alto dos montes, enturbando xa as primeiras augas. Na Rede Natura con Fondos Europeos.
Na foto, pistas sobre a devesa da Rogueira (Formigueiros).

Ler máis...>>

Boicot a presenza do oso pardo

O Courel aínda non foi declarado "zona de especial protección do oso pardo".
Mentres no resto da Cordilleira Cantábrica está aumentando o nº de exemplares, para o que se están a investir cuantiosos Fondos Europeos, no Courel non se está a facer nada para asentar definitivamente esta especie que nos visita con regularidade. A toponimia, centos de covas e refuxios e milleiros de alvarizas son proba irrefutable da súa abundante presenza ata fai poucas décadas.
Na Foto Alvarizas de Súdrios, construcións defensivas para evitar qu os osos comeran o mel.

Ler máis...>>

Presuntos fraudes en obras con Fondos
Europeos

Restauración incompleta do vertedoiro de lixo de Megoxe, onde as labores limitáronse a tapar o lixo deixándoo no mesmo sitio e sementar un pouco de herba. Observase claramente as escombreiras do entorno se restaurar. En Rede Natura ás beiras do río LOR.








Ler máis...>>

Despoboamento e canteiras abandonadas
sen restaurar

Tal e como pasa sempre coa minería:
No 2009, esta canteira do Piapáxaro, foi pechada e abandonada, centos de traballadores despedidos. Consecuencias do monocultivo industrial ao non crear ás alternativas obrigatorias á actividade mineira tal e como manda o sentido común.






Ler máis...>>

Cambios na Rede Natura 2000 a carta

No ano 1996 o impoñente souto de Santa Eufemia ocupou as páxinas centrais e foi protagonista do libro "El Castaño" obra de profesores da Universidade de Santiago de Compostela.
No 1999 mandouse protexer pola normativa da Rede Natura 2000.
No 2004 a Xunta de Galicia sacouno da Rede Natura cambiándoo por un anaco de embalse morto no Sil, rodeado de piñeiros e chopos canadenses, totalmente urbanizado e atravesado por unha vía de alta capacidade.

Ler máis...>>


Video sobre Courel con música de Luar na Lubre

SOS Courel entrega máis de 21.000 sinaturas no Rexistro da Xunta de Galiza para que O Courel sexa declarado Parque Natural.


Atopa máis na nosa galería de vídeos...>>>

Blogumulus by Roy Tanck and Amanda Fazani
^ Ir o principio