Denuncia de "SOS Courel" na Unión Europea

O Informe Auken, aprobado polo Parlamento Europeo en marzo de 2009, condena a España por destrución urbanística, masacre ambiental, corrupción xeralizada,..... A destrución do ESPAZO NATURAL DO COUREL é un exemplo claro. Nesta desfeita utilízanse tanto directa como indirectamente FONDOS EUROPEOS.

O Courel repartido en concesións mineiras

publicado por Courel

Este é o mapa do reparto de COUREL. Está totalmente dividido en cuadrículas mineiras, excepto nos límites con Pedrafita do Cebreiro. Según a XUNTA de GALICIA, xa se están tramitando 54 explotacións dentro e fóra de REDE NATURA. O armazón de raias verdes transversais sinalan aquí a REDE NATURA, todo o demais son apertadas leiras mineiras.

Ler máis...>>>

mineiro

Lume e piñeiros con Fondos Europeos

Publicado por Courel

Agosto de 2008. Arde en Ferreirós unha plantación de piñeiros abandonada, para a que se utilizaron fondos europeos. Vese como o lume saltou dúas estradas, infraestruturas sobre as que non se fai ningunha labor de prevención, mentres se gastan cada ano enormes sumas de fondos europeos para a construción de pistas e cortalumes.

Ler máis...>>>

Lume en Ferreirós

Especies pirófitas por todo O Courel

Publicado por Courel

Cambio rotundo na paisaxe do Courel. Gastando os fondos que Europa facilita para mellorar a Rede Natura, no Courel estase a facer Xusto ao revés, aquí estes fondos destínanse para introducir especies alleas e destruír os hábitats propios , arrasando a cuberta vexetal, aumentando a erosión e contaminando as augas. As especies que se introducen son na maioría dos casos coníferas pirófitas aumentando de xeito catastrófico o risco de incendio neste espazo natural. Estas plantacións carecen da correspondente avaliación ambiental.

Ler máis...>>>

plantacións

Infraestructuras inútiles: pistas e cortalumes

Publicado por Courel

Tal e como se ten demostrado na Galiza, cando o lume prende nun bosque pirófito abandonado(eucaliptais e piñeirais), non o paran nin as autoestradas en cambio os bosques autóctonos do Courel levan centos de anos sen arder a pesar de que non se lle dedican fondos para o seu coidado. Sen embargo nestas infraestruturas estanse a gastar grandes cantidades de Fondos Europeos axudando unicamente a destrución da Rede Natura, do chan e aumentando a contaminación das augas.

Ler máis...>>>

Pistas e cortalumes

Parque eólico do Oribio

Publicado por Courel

En plena Rede Natura, instalarase no máis alto deste bosque mixto, afectando a hábitats e especies prioritarias. Os acantilados do Oribio constitúen un dos poucos criadeiros de aves de rapaces da GALZA . Este bosque está dentro do Territorio Histórico do Camiño de Santiago

Ler máis...>>>

Oribio

Estrada a Pedrafita

Publicado por Courel

A estrada á Autovía A6 necesitaba melloras pero así NON. Iniciadas as obras no 2003 e aínda non rematado a metade do seu percorrido. Feita en Rede Natura sen a correspondente avaliación ambiental, sen pasos de fauna, con taludes imposibles, grandes escombreiras, desvíos de ríos e regatos, vales enteiros tapados, ríos entubados, destrución absoluta da paisaxe, sen medidas correctoras. Con Fondos Europeos.

Ler máis...>>>

Estrada a Pedrafita

Estrada a Quiroga

publicado por Courel

Estrada necesitada de melloras pero así NON. Incribles desmontes de terra, tapando vales e ríos, sin pasos de fauna, desvío de correntes de auga. En Rede Natura e con Fondos Europeos.

Ler máis...>>>

mineiro

Destrución dos cúmios máis altos: Faro, Formigueiros e Piapáxaro

publicado por Courel

Pistas, cortalumesdesmesurados, plantacións de pirófitas, non se respecta nin o máis alto dos montes, enturbando xa as primeiras augas. Na Rede Natura con Fondos Europeos . Na foto, pistas sobre a devesa da Rogueira (Formigueiros).

Ler máis...>>>

Formigueiros

Boicot a presenza do oso pardo

publicado por Courel

O Courel aínda non foi declarado "zona de especial protección do oso pardo ". Mentres no resto da Cordilleira Cantábrica está aumentando o nº de exemplares, para o que se están a investir cuantiosos Fondos Europeos, no Courel non se está a facer nada para asentar definitivamente esta especie que nos visita con regularidade. A toponimia, centos de covas e refuxios e milleiros de alvarizas son proba irrefutable da súa abundante presenza ata fai poucas décadas Na Foto Alvarizas de Súdrios, construcións defensivas para evitar qu os osos comeran o mel.

Ler máis...>>>

Albarizas

Presuntos fraudes en obras con Fondos Europeos

publicado por Courel

Restauración incompleta do vertedoiro de lixo de Megoxe, onde as labores limitáronse a tapar o lixo deixándoo no mesmo sitio e sementar un pouco de herba. Observase claramente as escombreiras do entorno se restaurar. En Rede Natura ás beiras do río LOR.

Ler máis...>>>

Lixo

Despoboamento e canteiras abandonadas sen restaurar

publicado por Courel

Tal e como pasa sempre coa minería: NO 2009, esta canteira do Piapáxaro, foi pechada e abandonada, centos de traballadores despedidos. Consecuencias do monocultivo industrial ao non crear ás alternativas obrigatorias á actividade mineira tal e como manda o sentido común.

Ler máis...>>>

mineiro

Cambios en Rede Natura 2000 a carta

publicado por Courel

No ano 1996 o impoñente souto de Santa Eufemia ocupou as páxinas centrais e foi protagonista do libro "El Castaño" obra de profesores da Universidade de Santiago de Compostela. No 1999 mandouse protexer pola normativa da Rede Natura 2000. No 2004 a Xunta de Galicia sacouno da Rede Natura cambiándoo por un anaco de embalse morto no Sil, rodeado de piñeiros e chopos canadenses, totalmente urbanizado e atravesado por unha vía de alta capacidade.

Ler máis...>>>

Cambios
Loading...
La página que estabas buscando en este blog no existe.
La página que estabas buscando en este blog no existe.

Video sobre Courel con música de Luar na Lubre

SOS Courel entrega máis de 21.000 sinaturas no Rexistro da Xunta de Galiza para que O Courel sexa declarado Parque Natural.


Atopa máis na nosa galería de vídeos...>>>

Blogumulus by Roy Tanck and Amanda Fazani
^ Ir o principio